Hypergramola

Hypergramola: A banda de Os amigos dos músicos

os-amigos-dos-musicos

De todo canto fan Os Amigos dos Músicos, e sen dúbida fan moito e ben, o que máis me gusta é a súa capacidade para fundir diferentes estilos musicais. A banda, estupendo tema do seu máis recente traballo, é modélica neste bo facer. Aquí combinan coa elegancia de Ferrán Adriá, pero libres de clasismo, ingredientes comúns do rock fronteirizo cos dos folclores autóctono e americano. O que é o mesmo: unha excelente mesturanza de elementos da que resulta unha música sinxela e propia, que recolle o mellor de varias tradicións.

Aínda que, desde unha perspectiva emocional, abonda unha soa escoita para comprobar que gañan terreo as referencias locais. Porque todo son evocacións nesta exaltación do rural que case se pode respirar. Na aldea a presenza da banda sempre é motivo de xúbilo, de celebración colectiva, de festa. E basta con intuíla: por iso cantan “a súa música sentín aínda que eu non a vin”. Noutro plano, o texto deixa entrever un ton amoroso de fondas raíces. Nada novo para aqueles que foron capaces de actualizar a Martín Códax.

Pero, como dixo o outro, “escribir sobre música é como bailar sobre arquitectura”. E pode que leven algo de razón. A banda é para escoitala e dar palmas. Bonito vídeo, por certo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s